Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

Unha maneira de facer Europa

Liña de actuación 13

CONCILIA LALÍN

Programa integrador de conciliación a nivel local para dotar ás familias dunha contorna de seguridade no coidado dos fillos e fillas.

NECESIDADES

As necesidades que aborda esta acción para atopar unha solución son:

OBXECTIVOS

  • A finalidade desta operación é ofrecer un programa integrador de conciliación no ámbito local que proporcione ás familias un ambiente seguro no coidado dos seus fillos e fillas; un programa centrado na conciliación da vida laboral e familiar y laboral.
  • Así, durante os períodos lectivos do curso escolar, o programa desenvolverase en distintos centros educativos que imparten ensinanzas de Educación Infantil e Primaria, e centralizarase nos períodos vacacionais (Nadal, Entroido, Semana Santa e vacacións de verán).
  • O servizo de conciliación nos centros educativos ten por obxecto a realización de actividades de acollida, atención e lecer nas horas previas e posteriores á xornada lectiva dos días lectivos. Este servizo inclúe as funcións de atención, coidado e garda do alumnado nas instalacións no horario establecido, así como a adecuada atención educativa aos nenos e ás nenas de entre 3 e 12 anos matriculados no centro educativo de referencia, de acordo co coa normativa aplicable.
  • Prevese un desconto do 100% do prezo público para os menores en unidades familiares cuxa renda per cápita mensual non supere o 125% da contía mensual do IPREM vixente, máis un incremento do 15% por cada membro adicional a partir do primeiro. 
  • Ademais do citado, proponse a creación dun Espazo de Conciliación situado no barrio Manuel Rivero, concretamente, nos números 1 e 3 da rúa Manuel Rivero, no marco dunha nova infraestructura consistente na rehabilitación destes dous edificios para dar cabida, entre outros usos, a este Espazo de Conciliación.

RESULTADOS

A actuación fará que o Concello de Lalín consiga:

  • Mellora da igualdade de oportunidades dos membros das unidades familiares de Lalín no acceso ao emprego.
  • Mellora da inclusión social, especialmente das mulleres nais.
  • Mellora da igualdade de oportunidades dos nenos e das nenas de Lalín no acceso a actividades recreativas e contidos educativos que non formen parte do currículo escolar.

Datos

inversión total
208.800 €
0%
FEDER
167.040 €
0%
concello
41.760 €
0%

NOVAS

O SERVIZO ‘CONCILIA LALÍN’ FACILITA A CONCILIACIÓN LABORAL E PERSOAL DE CENTOS DE FAMILIAS DO CONCELLO

O servizo de conciliación ten por obxecto a execución de actividades de atención, coidado e custodia a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 an...

PRIMEIRA REUNIÓN DE TRABALLO COAS ANPAS E ASOCIACIÓNS DO PLAN CONCILIA LALÍN

Onte luns, 7 de maio de 2018 tivo lugar na sala de prensa do Concello a primeira xuntanza participativa sobre o Plan Concilia Lalín incluído na estratexia Lalín Ssuma21...