Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)
Unha maneira de facer Europa
Liña de actuación 13
CONCILIA LALÍN
Programa integrador de conciliación a nivel local para dotar ás familias dunha contorna de seguridade no coidado dos fillos e fillas.
NECESIDADES
As necesidades que aborda esta acción para atopar unha solución son:
- A fragmentación da oferta de servizos de conciliación.
- O acceso desigual das familias á oferta de servizos de conciliación (en cantidade, variedade e calidade), xa que o 29% das familias lalinenses manifestan ter problemas para pagar os devanditos servizos.
- A fragmentación social entre familias, derivada do acceso desigual aos servizos de conciliación; e a fragmentación social entre nenos e nenas, derivadas do acceso desigual ao desenvolvemento educativo.
- Barreiras de acceso ao mercado laboral (especialmente) das nais en idade de traballar con menores ingresos, como consecuencia das dificultades para acceder a un servizo de conciliación asequible.
OBXECTIVOS
- A finalidade desta operación é ofrecer un programa integrador de conciliación no ámbito local que proporcione ás familias un ambiente seguro no coidado dos seus fillos e fillas; un programa centrado na conciliación da vida laboral e familiar y laboral.
- Así, durante os períodos lectivos do curso escolar, o programa desenvolverase en distintos centros educativos que imparten ensinanzas de Educación Infantil e Primaria, e centralizarase nos períodos vacacionais (Nadal, Entroido, Semana Santa e vacacións de verán).
- O servizo de conciliación nos centros educativos ten por obxecto a realización de actividades de acollida, atención e lecer nas horas previas e posteriores á xornada lectiva dos días lectivos. Este servizo inclúe as funcións de atención, coidado e garda do alumnado nas instalacións no horario establecido, así como a adecuada atención educativa aos nenos e ás nenas de entre 3 e 12 anos matriculados no centro educativo de referencia, de acordo co coa normativa aplicable.
- Prevese un desconto do 100% do prezo público para os menores en unidades familiares cuxa renda per cápita mensual non supere o 125% da contía mensual do IPREM vixente, máis un incremento do 15% por cada membro adicional a partir do primeiro.
- Ademais do citado, proponse a creación dun Espazo de Conciliación situado no barrio Manuel Rivero, concretamente, nos números 1 e 3 da rúa Manuel Rivero, no marco dunha nova infraestructura consistente na rehabilitación destes dous edificios para dar cabida, entre outros usos, a este Espazo de Conciliación.
RESULTADOS
A actuación fará que o Concello de Lalín consiga:
- Mellora da igualdade de oportunidades dos membros das unidades familiares de Lalín no acceso ao emprego.
- Mellora da inclusión social, especialmente das mulleres nais.
- Mellora da igualdade de oportunidades dos nenos e das nenas de Lalín no acceso a actividades recreativas e contidos educativos que non formen parte do currículo escolar.
Datos
inversión total
208.800 €
0%
208.800 €
FEDER
167.040 €
0%
167.040 €
concello
41.760 €
0%
41.760 €
NOVAS
O SERVIZO ‘CONCILIA LALÍN’ FACILITA A CONCILIACIÓN LABORAL E PERSOAL DE CENTOS DE FAMILIAS DO CONCELLO
O servizo de conciliación ten por obxecto a execución de actividades de atención, coidado e custodia a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 an...
PRIMEIRA REUNIÓN DE TRABALLO COAS ANPAS E ASOCIACIÓNS DO PLAN CONCILIA LALÍN
Onte luns, 7 de maio de 2018 tivo lugar na sala de prensa do Concello a primeira xuntanza participativa sobre o Plan Concilia Lalín incluído na estratexia Lalín Ssuma21...